Onte 1263: Noite da Edición 2015
No Pazo da Cultura de Pontevedra celebrouse a Noite da Edición 2015 na que se entregaron os premios aos mellores libros do pasado ano, outorgados polos membros da Asociación Galega de Editores. Nesta...
View ArticleOnte 1265: «Poética» de Fran Alonso
Non tivera oportunidade de recomendar Poética, o libro en liña que Fran Alonso acaba de publicar. Unha creación literaria extraordinaria, un fito no emprego literario das utilidades hipertexutais,...
View ArticleOnte 1266: Xurxo Souto premiado
O premio Irmandade do Libro da Federación de Libreiros de Galicia outorgado a Contos do mar de Irlanda de Xurxo Souto como mellor libro do ano aledounos moito. Sabemos que recoñece tanto a calidade...
View ArticleOnte 1267: «Galicia Encantada»
A presentación no Ateneo de Pontevedra de Galicia Encantada. O país das mil e unha fantasías, libro colectivo editado por Antonio Reigosa, resultou ser unha auténtica polafía de expertos narradores na...
View ArticleOnte 1268: «Xenaro e a negra sombra» de Mar Guerra
Na magnífica libraría Moito Conto da Coruña, especializada en literatura infantil e xuvenil, presentamos onte Xenaro e a negra sombra , a novela de Mar Guerra ilustrada por Fernando Llorente....
View ArticleOnte 1271: Mapa das e dos poetas de noso
Marabilla este mapa de Noelia Gómez, utilizando ThingLink, que recupero do blog de Carlos Callón, para festexar o día da poesía. A localización das gravacións realizadas para a videoteca da AELG...
View ArticleO soño de Chano Piñeiro
Dedico o artigo da semana en Faro de Vigo a Chano Piñeiro con motivo dos vinte anos do seu pasamento. O pasado 21 de marzo fixéronse vinte anos do pasamento de Chano Piñeiro, o admirado boticario de...
View ArticleOnte 1276: Novela mulata
Na libraría Couceiro de Santiago presentamos A antesala luminosa, a novela coa que Antonio Tizón debuta na narrativa galega. Presentación dun relato definido polo autor como «novela mulata» ou...
View ArticleOnte 1277: Álex Alonso premio Ánxel Fole 2015
Foi onte un día importante para a consolidación do novo modelo do premio Ánxel Fole de narración curta, organizado polo concello de Lugo e editado por Xerais. Pola tarde reunímonos os membros do xurado...
View ArticleOnte 1279: Día das Artes Galegas
Pareceume un acerto a iniciativa da Real Academia Galega de Belas Artes, que preside o pintor Manuel Quintana Martelo, de instituír dende este ano o «Día das Artes Galegas» coa intención de exaltar,...
View ArticleOnte 1281: Novos títulos de Astérix en galego
Na feira do libro de Boloña anunciouse onte o título do que será o triséximo sexto álbum de Astérix, O papiro de César, que aparecerá en todo o mundo o 22 de outubro de 2015 e será publicado en galego...
View ArticleOnte 1284: «Tronzar os valos», a nova marabilla de Sés
Pedro Feijoo publicou onte unha anotación sobre Sés da que moito gostei. Escrita coa prudencia de quen fixo milleiros de quilómetros na rota de Los Feliz e Lamatumbá e sabe do valor das músicas, Feijoo...
View ArticleOnte 1286: «Rubicundo»
Abofé que o premio Merlín do pasado ano deixou unha boa colleita. Tras a Escarlatina de Ledicia Costas, unha obra aclamadísima polo lectorado, os xurados e a crítica, chega a finalista, Rubicundo de...
View ArticleOnte 1288: «Cabalos e lobos» de Fran P. Lorenzo
Fran P. Lorenzo recolleu onte na editorial os primeiros exemplares de Cabalos e lobos, a súa primeira novela, coa que obtivo o premio Blanco Amor 2014. Para acompañar a visualización do libro, que...
View ArticleOnte 1289: «Hai que matalos a todos» de Héctor Carré
Hai que matalos a todos, a terceira novela de Héctor Carré conta cun booktrailer máis que interesante. Preparado polo propio autor, director de películas como Dáme algo (1997) ou Personal movie (2011)...
View ArticleOnte 1291: «A neve interminable» de Agustín Fernández Paz
Chegaron onte os primeiros exemplares d’A neve interminable de Agustín Fernández Paz. Unha novela que supón o regreso de Agustín ao catálogo da colección Fóra de Xogo, na que non publicaba dende...
View ArticleOnte 1292: Ramón Luis Acuña
Triste a nova do pasamento do xornalista ourensán Ramón Luis Acuña, con quen colaboramos na recuperación de Fírgoas, a obra do seu pai o poeta Manuel Luis Acuña. Correspondente en España durante...
View ArticleOnte 1294: No pasamento de Günter Grass e Eduardo Galeano
A coincidencia dos pasamentos de Günter Grass e Eduardo Galeano supuxo que onte fose un dia moi triste para todas as persoas que admiramos a estes dous escritores, referentes do pensamento crítico e da...
View ArticleOnte 1296: Volven as feiras do libro
Coa presentación de Amor en alpargatas, a novela de Manuel Portas, iniciamos onte en Pontevedra o noso periplo das feiras do libro de Galicia deste ano. A pesar da súa insuficiente visibilidade e da...
View ArticleOnte 1297: «A estirpe do dragón», o novo Dragal de Elena Gallego
Pablo García Freire responsable do blog Lectureka, fixo onte en Pontevedra unha gran presentación da cuarta entrega da saga Dragal de Elena Gallego. O xove lector vigués cualificou A estirpe do dragón...
View Article